Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39414

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2020 pola que se cancela a autorización como entidade colaboradora para a recadación dos tributos e outros ingresos de dereito público da Xunta de Galicia de Banco Caixa Geral.

Esta axencia, á vista do escrito presentado por Abanca no que se comunicaba que con data de 14 de marzo de 2020 se extinguía a personalidade xurídica de Banco Caixa Geral, desaparecendo esta como entidade activa desde o punto de vista operativo.

RESOLVO:

Cancelar a autorización concedida a entidade Banco Caixa Geral como entidade colaboradora na xestión recadatoria dos tributos e outros ingresos de dereito público, con suxeición ao establecido no artigo 17 e demais aplicables do Regulamento xeral de recadación.

Contra esta resolución poderá interpoñer, de conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e o artigo 2.6.d) do Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto, recurso de alzada ante o presidente da Axencia Tributaria de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela 29 de setembro de 2020

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia