Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 8 de outubro de 2020 Páx. 38835

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade á resolución pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico destinadas a particulares sobre a base da convocatoria de subvencións realizada mediante a Resolución do 18 de decembro de 2019 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2020).

Mediante a Resolución do 18 de decembro de 2019 establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico destinadas a particulares.

En virtude do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no caso de resolución de concesión de subvencións poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Inega (www.inega.gal). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade das subvencións outorgadas.

De acordo con todo o anterior, dentro do prazo fixado na norma reguladora da convocatoria, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución do 29 de setembro de 2020 pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos de enerxías renovables de uso térmico destinadas a particulares sobre a base da convocatoria de subvencións realizada mediante a Resolución do 18 de decembro de 2019 deste mesmo órgano (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro de 2020), na páxina: www.inega.gal.

Segundo. Contra a Resolución do 29 de setembro de 2020, que non esgota a vía administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, se esta fose expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan efectos do silencio administrativo, perante o presidente da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director da Axencia Instituto
Enerxético de Galicia