Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38523

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2020, conxunta do Instituto Galego de Promoción Económica e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se modifica a distribución dos servizos ofertados na Resolución conxunta do 18 de maio de 2020, pola que se dá publicidade ao acordo que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A).

No Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 2 de xuño de 2020, publicouse a Resolución conxunta do 18 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A).

No punto cuarto da resolución fíxase unha distribución de servizos ofertados en cada convocatoria, co fin de definir os termos da concorrencia competitiva establecida para cada unha das convocatorias do programa. Neste mesmo punto cuarto establécese que os servizos que resulten excedentes dunha convocatoria, ou aqueles provenientes da prórroga de contratos ou nova contratación de servizos por parte do Igape, poderán ser reasignados a convocatorias posteriores mediante modificación publicada no Diario Oficial de Galicia.

A resolución da convocatoria 2020.1 deixou un excedente de 186 servizos, polo que procede a súa reasignación á convocatoria 2020.2 co fin de poder executar o programa na súa totalidade.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que temos conferidas,

RESOLVEMOS:

Artigo 1

Modificar a distribución de servizos para a convocatoria 2020.2, prevista no punto cuarto da Resolución conxunta do 18 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A), que quedaría configurada do seguinte xeito:

Tipo de servizo

Convocatoria 2020.2

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (A Coruña)

30

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Pontevedra)

44

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Lugo e Ourense)

11

Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial

17

Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal

9

Análise do cumprimento normativo e dos riscos legais

10

Mellora da xestión financeira e procura de financiamento

30

Optimización da produción e cadea loxística

10

Asesoramento para o relanzamento comercial

15

Preparación de procesos certificables

17

Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores

13

Protección da innovación

27

Asesoramento para o financiamento da innovación

38

Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa

11

Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme

31

Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade

8

Deseño dunha estratexia de marketing de contidos para a peme

8

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia