Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38520

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2020

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario no período 2019-2020.

14.5.2020

12.500

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador finalista nas convocatorias de axudas do ERC no marco do H2020.

15.5.2020

50.000

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador universitario beneficiario dunha axuda do ERC no marco do H2020.

19.5.2020

5.333,33

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Cultura, Ciencia e Tecnoloxía para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica no ano 2020.

21.5.2020

8.000

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a empresa Applied Mass Spectrometry Laboratory para o desenvolvemento dun proxecto de innovación directamente vinculado co COVID-19, ao abeiro do establecido no artigo 29 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado (DOUE nº 187, do 26 de xuño de 2014).

14.5.2020

71.191

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a empresa Setga, S.L.U. para o desenvolvemento dun proxecto de innovación directamente vinculado co COVID-19, ao abeiro do establecido no artigo 29 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado (DOUE nº 187, do 26 de xuño de 2014).

14.5.2020

134.765

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a empresa Bionix Supplychain Techonologies, S.L.U. para o desenvolvemento dun proxecto de innovación directamente vinculado co COVID-19, ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

14.5.2020

139.637

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a empresa Creativigo Consultores de Innovación, S.L.U. para o desenvolvemento dun proxecto de innovación directamente vinculado co COVID-19, ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

14.5.2020

123.500

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a empresa Fentotek, S.L. para o desenvolvemento dun proxecto de innovación directamente vinculado co COVID-19, ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

14.5.2020

67.550

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a empresa Técnicas de Soft, S.A. para o desenvolvemento dun proxecto de innovación directamente vinculado co COVID-19, ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

14.5.2020

81.100

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para o fianciamento do proxecto «Xeración de cartografía de risco do COVID-19 nos espazos urbanos e rurais de Galicia».

14.5.2020

74.174

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Vigo para o financiamento do proxecto «Sistema de desinfeción empregando dispersión de líquidos e sistemas aéreos non tripulados».

14.5.2020

55.000

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a empresa Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. para o desenvolvemento dun proxecto de I+D dunha nova plataforma de fabricación ultraflexible para o lanzamento dun novo vehículo tipo Van 100 % eléctrico (EK9).

9.6.2020

1.900.000

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Eduardo Pondal para o fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas na Costa da Morte.

22.6.2020

18.000

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para a celebración do Programa de aceleración da comercialización de solucións innovadoras para a loita contra o impacto do COVID-19.

25.6.2020

574.750

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade da Coruña, para a colaboración no título propio denominado Máster en Innovación e Estratexia Dixital da Empresa.

22.7.2020

Sen achega económica

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas (INTA) para a xestión do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas como centro mixto de titularidade compartida entre as institucións signatarias.

3.8.2020

1.250.00