A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e constitución do seu Consello de Administración, e o artigo 4 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do seu regulamento, que a consellería competente en materia de pesca designará catro vogais entre o persoal ao servizo da Administración autonómica, que deberá ser persoal funcionario ou persoal laboral fixo. Pola súa banda, o artigo 5 do Decreto 41/2005 dispón que os vogais nomeados por proposta da Administración Autonómica poderán ser separados pola consellería competente en materia de pesca.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O cesamento de Isabel Concheiro Rodríguez-Segade, como vogal do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2020
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar