Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública resolución de orde de execución de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.
Advírteselles aos titulares das referencias catastrais da facultade do Concello da realización subsidiaria ou forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas. Advírteselles que están obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa, sen prexuízo do expediente sancionador que se instruirá.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Catoira, situadas na rúa do Concello, núm. 1, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborais, de luns a venres.
Núm. expediente |
Titular |
Referencia catastral |
Lugar |
159/2020 |
Descoñecido |
36010A045103470000DY |
Souto da Vila |
Catoira, 21 de setembro de 2020
Alberto García García
Alcalde presidente