Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 2 de outubro de 2020 Páx. 38278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2020, da Área de Planificación e Proxectos, pola que se fai pública a aprobación do expediente de información pública do anteproxecto das instalacións de subministración e servizos entre os puntos quilométricos 80+250 e 80+750, marxe esquerda (ME)-área de servizo, de clave OU/18/220.01.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade (Orde do 7 de setembro de 2017, Diario Oficial de Galicia do 20 de setembro), ditou o 17 de setembro de 2020 a seguinte resolución:

«Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas pola que se aproba o expediente de información pública do anteproxecto das instalacións de subministración e servizos entre os puntos quilométricos (pp.qq.) 80+250 e 80+750, marxe esquerda (ME)-área de servizo, de clave OU/18/220.01.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 22 de novembro de 2019 aprobouse provisionalmente o anteproxecto das instalacións de subministración e servizos entre os puntos quilométricos 80+250 e 80+750 da AG-53 (ME)-área de servizo, de clave OU/18/220.01.

Segundo. O obxecto do presente anteproxecto é definir e valorar as instalacións e obras necesarias para a construción dunha área de servizo na marxe esquerda da autovía AG-53, entre os pp.qq 80+250 e 80+750, que prestará servizo a ambos os sentidos de circulación, polo que os accesos a aquela se farán desde ambas as marxes, no termo municipal de Maside (provincia de Ourense). Esta área de servizo estará constituída por unha edificación para as zonas comerciais e un exterior con dispensadores de combustible, puntos de recarga de vehículos eléctricos e equipamento de fornecemento de aire e auga. No documento realízase tamén un estudo do réxime de utilización e explotación das instalacións da área de servizo, para establecer as condicións económicas e financeiras en que se realizará a concesión da construción e explotación.

Terceiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 29, do 12 de febreiro de 2020, publicouse o Anuncio do 31 de xaneiro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o anteproxecto das instalacións de fornecemento e servizos entre os puntos quilométricos 80+250 e 80+750 da AG-53 (ME)-área de servizo, de clave OU/18/220.01.

Cuarto. As administracións afectadas emitiron os correspondentes informes e no trámite de información pública non se formularon alegacións.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade é competente para resolver os expedientes de información pública en materia de estradas e informes das administracións afectadas, de acordo co Decreto 26/2019, do 7 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Esta competencia atópase delegada na persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, segundo o artigo 8.1.b) da Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería (DOG núm. 179, do 20 de setembro).

Segundo. De acordo co artigo 248 da Lei 9/2017, de contratos do sector público, o anteproxecto someteuse ao procedemento de información pública durante un período dun (1) mes, contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que se puidesen formular cantas observacións se considerasen oportunas sobre a localización e as características da obra, así como calquera outra circunstancia referente á súa declaración de utilidade pública.

Terceiro. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado anteproxecto someteuse ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De acordo con todo o exposto, e despois dos informes e certificados presentados,

RESOLVO:

Aprobar o expediente de información pública do anteproxecto das instalacións de subministración e servizos entre os puntos quilométricos 80+250 e 80+750 da AG-53 (ME)-área de servizo, de clave OU/18/220.01, mantendo o trazado proposto como definitivo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2020

Carlos Lefler Gullón
Xefe da Área de Planificación e Proxectos