Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 1 de outubro de 2020 Páx. 38075

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Instituto Galego de Promoción Económica

ACORDO do 24 de setembro de 2020, do Consello de Dirección, relativo á destitución e nomeamento do director xeral deste instituto.

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa reunión do día 24 de setembro de 2020, en virtude do previsto no artigo 12 da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e no artigo 10 do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, que aproba o seu regulamento, por proposta do seu presidente, adoptou o acordo polo que se cesa a Juan Manuel Cividanes Roger como director xeral, con efectos do día 24 de setembro de 2020, agradecéndolle os servizos prestados; e se nomea para o citado cargo a Fernando Guldrís Iglesias, con efectos a partir do día 25 de setembro de 2020.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2020

Zeltia Lado Lago
Secretaria do Consello de Dirección do Instituto
Galego Promoción Económica