Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 1 de outubro de 2020 Páx. 38076

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no segundo cuadrimestre de 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2020 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2020

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nome

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

Mantemento dunha pficina de información e asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais

65.000,00 €

20.5.2020

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Maracaibo

Establecemento dun punto de información e asesoramento en Maracaibo (Venezuela)

7.000,00 €

8.5.2020

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Puerto de la Cruz

Establecemento dun punto de información e asesoramento en Puerto de la Cruz (Venezuela)

7.000,00 €

8.5.2020

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento e atención de necesidades socioasistenciais e sanitarias básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas (Venezuela)

50.000,00 €

11.5.2020

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Valencia

Establecemento dun punto de información e asesoramento en Valencia (Venezuela)

7.000,00 €

8.5.2020

Convenio de colaboración coa Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago

Establecemento dun punto de información e asesoramento en Salvador da Bahia (Brasil)

7.000,00 €

8.5.2020

Convenio de colaboración coa Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA)

Mantemento de oficinas de información e asesoramento dirixidas a emigrantes retornados en Galicia

54.000,00 €

22.5.2020

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Mar del Plata

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Mar del Plata (Arxentina)

15.000,00 €

18.5.2020

Convenio de colaboración coa Fundación Fillos de Ourense (FUNDAOURENSE)

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Venezuela

30.000,00 €

8.5.2020

Convenio de colaboración coa Casa de España de Río de Janeiro

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos alí residentes e para o mantemento dun punto de información e asesoramento en Rio de Janeiro (Brasil)

30.000,00 €

8.5.2020

Convenio de colaboración coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo

Contribuír á atención das necesidades socio asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en São Paulo (Brasil)

12.000,00 €

8.5.2020

Convenio de colaboración coa Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Santos (Brasil)

12.000,00 €

8.5.2020

Convenio de colaboración coa Asociación Española Primera Socorros Mutuos de Montevideo

Desenvolvemento dun programa de atención sociosanitaria destinado ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Montevideo (Uruguai)

20.000,00 €

18.5.2020

Convenio de colaboración coa Casa de Galicia de Montevideo

Desenvolvemento de programas de atención sociosanitaria destinados ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Montevideo (Uruguai)

35.000,00 €

18.5.2020

Convenio de colaboración co Hogar Español de Montevideo

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Montevideo (Uruguai)

40.000,00 €

18.5.2020

Convenio de colaboración coa Fundación España Salud

Contribuír á atención das necesidades sociosanitarias e de atención domiciliaria dos cidadáns galegos residentes en Venezuela

100.000,00 €

8.5.2020

Convenio de colaboración co Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Bos Aires (Arxentina)

20.000,00 €

18.5.2020