Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 10 de setembro de 2020 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2019000614 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da súa notificación ou da publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou da publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2020

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01779, itinerario peonil e ciclista na AC-130 treito Mugardos-Ares p.q. 0,320 a 3,980. Tm Mugardos.

Concello: Ares.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: Cim. Servizo Provincial da AXI da Coruña.

Beneficiario: Cim. Servizo Provincial da AXI da Coruña.

Acto notificado: resolución de fixación de prezo xusto.

Persoas que se notifican

Data do acto
que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Hros. de Julio Juan Vila Penedo

Hros. de Nicolás Losada Castro

Agustín Garrido Rico

Odila Arzúa Núñez

Antonia Ana Ríos Sanjuán

Domingo Cortizas Fernández

María Jesús Vázquez Díaz e dous máis

Hros. de Pura Vizoso Outeiral

30.1.2020

30.1.2020

30.1.2020

30.1.2020

30.1.2020

30.1.2020

30.1.2020

30.1.2020

2019000614

2019000612

2019000610

2019000609

2019000638

2019000626

2019000618

2019000617

59

57

55

49

110

94

74

73

136,93

625,99

260,83

91,29

327,60

1.638,00

1.182,03

358,64