Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37993

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios de carreira.

Mediante Resolucións da Alcaldía nº 2020-0945 e nº 2020-0946 repectivamente, do 28 de agosto de 2020, nomeáronse funcionarios de carreira deste concello a:

– Mª Luz Durán Constenla, con DNI ***6131**, para ocupar unha praza de limpadora, integrada no grupo agrupación profesional, pertencente á escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre da OEP de 2018.

– José Puente Amboaje, con DNI ***7260**, para ocupar unha praza de operario de obras e servizos básicos, integrada no grupo agrupación profesional, pertencente á escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre da OEP de 2018.

Os ditos nomeamento efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualifacadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, poderán interpor os interesados ben o recurso de potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou e no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, o/a interesado/a tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue procedente conforme dereito.

A Estrada, 28 de agosto de 2020

José C. López Campos
Alcalde