Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37916

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2020 pola que se publica a corrección de erros do plan de estudos do máster universitario en Técnicas Estatísticas.

Advertidos erros no anexo á Resolución do 16 de xuño de 2020 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Técnicas Estatísticas publicado no DOG núm. 140, do 15 de xullo de 2020.

Esta reitoría resolve o seguinte:

Publicar a corrección do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Técnicas Estatísticas pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará estruturado segundo consta no anexo da presente resolución

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Técnicas Estatísticas

Código RUCT: 4316961. 

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

5

Optativas

70

Traballo fin de máster

15

Créditos totais

90

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Análise exploratoria de datos

Optativa

5

Itinerario aplicado

Inferencia estatística

Optativa

5

Modelos de probabilidade

Optativa

5

Programación lineal e enteira

Optativa

5

Modelos de regresión

Optativa

5

Tecnoloxías de xestión de datos

Optativa

5

Itinerario teórico

Estatística matemática

Optativa

5

Teoría da probabilidade

Optativa

5

Programación matemática

Optativa

5

Regresión xeneralizada e modelos mixtos

Optativa

5

Métodos non paramétricos

Obrigatoria

5

Materia obrigatoria

Análise multivariante

Optativa

5

Materias optativas

Optimización aplicada

Optativa

5

Control estatístico da calidade

Optativa

5

Estatística espacial

Optativa

5

Regresión non paramétrica e semiparamétrica

Optativa

5

Análise de supervivencia

Optativa

5

Introdución á teoría de xogos

Optativa

5

Mostraxe

Optativa

5

Procesos estocásticos

Optativa

5

Redes e planificación

Optativa

5

Simulación estatística

Optativa

5

Series de tempo

Optativa

5

Contrastes de especificación

Optativa

5

Aprendizaxe estatística

Optativa

5

Datos funcionais

Optativa

5

Enxeñaría financeira

Optativa

5

Xogos cooperativos

Optativa

5

Modelos interactivos da investigación operativa

Optativa

5

Técnicas de remostraxe

Optativa

5

Traballo fin de máster

Obrigatoria

15

Traballo fin de máster

Especialidades:

O plan de estudos do mestrado non prevé especialidades, non obstante, os estudantes deberán elixir entre dous itinerarios diferentes dependendo das súas preferencias:

– Itinerario aplicado.

– Itinerario teórico.

Os estudantes deberán matricular un dos dous módulos de itinerario no primeiro semestre. A comisión do título poderá autorizar o intercambio dalgunha materia do itinerario elixido pola correspondente do outro itinerario.