Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37913

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2020

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico
da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data
sinatura

Convenio de colaboración entre o Consorcio Centro de Investigación Biomédica en Rede, o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade.

Sen achega económica

1.1.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro para o desenvolmento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social.

6.798,00 €

3.4.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Oficial de Médicos de Galicia para o desenvolvemento do programa de atención integral ao médico enfermo Paime.

44.063,00 €

22.4.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Escola Superior de Enfermería Cruz Vermelha Portuguesa-Alto Támega para a realización de prácticas de estudantes de enfermaría, nos centros sanitarios da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Sen achega económica

27.4.2020

Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde e Cruz Vermella de Lugo sobre a incorporación e comunicación de datos de carácter persoal entre Cruz Vermella de Lugo e a Consellería de Sanidade pertencente ao sistema de xestión de centros (Xeceas) xerados ao abeiro do desenvolvemento do programa de asistencia sanitaria ás adiccións.

Sen achega económica

27.4.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e os colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia para a dispensación de máscaras ás persoas beneficiarias do Sistema público de saúde de Galicia.

Sen achega económica

8.5.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cee en que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do centro de saúde de Cee.

14.077,67 €

18.5.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Amancio Ortega Gaona para a adquisición dun secunciador de ADN para a Fundación Pública de Medicina Xenómica.

Sen achega económica

19.5.2020

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española contra o Cancro (Sede Provincial de Ourense) para poñer á disposición desta asociación no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, no Hospital Comarcal de Valdeorras e no Hospital de Verín (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) os recursos necesarios para o desenvolvemento do programa primeiro impacto e actividades de voluntariado.

Sen achega económica

20.5.2020

Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Loita contra a Droga (Aclad) sobre a incorporación e comunicación de datos de carácter persoal entre Aclad e a Consellería de Sanidade pertencente ao sistema de xestión de centros (Xeceas) xerados ao abeiro do desenvolvemento do programa de asistencia sanitaria ás adiccións.

Sen achega económica

27.5.2020

Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (Alborada) sobre a incorporación e comunicación de datos de carácter persoal entre Alborada e a Consellería de Sanidade pertencente ao sistema de xestión de centros (Xeceas) xerados ao abeiro do desenvolvemento do programa de asistencia sanitaria ás adiccións.

Sen achega económica

27.5.2020

Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (Asfedro) sobre a incorporación e comunicación de datos de carácter persoal entre Asfedro e a Consellería de Sanidade pertencente ao sistema de xestión de centros (Xeceas) xerados ao abeiro do desenvolvemento do programa de asistencia sanitaria ás adiccións.

Sen achega económica

27.5.2020

Convenio entre a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde e Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento e Investigación en Saúde para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento.

Sen achega económica

4.6.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e o Centro Vasco de Transfusión e Tecidos Humanos para envío de mostras de sangue de cordón umbilical no caso de interrupción da actividade.

Sen achega económica

5.6.2020

Convenio entre a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a posta en marcha do programa para o control do COVID-19 nos efectivos da Policía local dos concellos galegos.

Sen achega económica

9.6.2020

Acordo polo que se modifica o convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Covelo en que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do centro de saúde de Covelo.

Sen achega económica

10.6.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Real Academia de Medicina e Cirurxía.

30.000,00 €

17.6.2020

Convenio de colaboración de voluntariado entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega de Musicoterapia (Agamus) para desenvolver programas de voluntariado no Hospital Universitario de Ourense (Área Santiaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras).

Sen achega económica

19.6.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, a Consellería do Medio Rural, a Universidade de Vigo para a vixilancia dos mosquitos vectores de enfermidade humana e animal.

101.640,00 €

25.6.2020

Décimo quinto acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 18 de xuño de 2001.

3.770.524,58 €

1.7.2020

Décimo cuarto acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001.

66.832,60 €

1.7.2020

Décimo cuarto acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001.

444.878,37 €

1.7.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cambados en que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Cambados.

50.031,08 €

8.7.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Itínera, voluntarios en saúde mental, para a realización de programas de fomento e formación do voluntariado no campo da enfermidade mental para o favorecemento dunha sociedade inclusiva.

17.251,00 €

8.7.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Doa Saúde Mental para o desenvolvemento dun programa de intervención precoz en psicose.

33.000,00 €

8.7.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Andaina Pro Saúde Mental para o desenvolvemento dun programa de saúde mental comunitaria.

49.500,00 €

8.7.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de formación, información e apoios aos enfermos mentais e aos seus familiares e do programa Coidamos de ti.

92.738,00 €

8.7.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dun programa de captación e atención precoz a familiares/coidadores en primeiros episodios de enfermidade mental grave e persistente e colaboración na formación continua dirixida aos profesionais de centros sociosanitarios vinculados á Consellería de Política Social.

20.000,00 €

8.7.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Fagal) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos familiares e coidadores.

70.446,00 €

8.7.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega para a Asistencia e Investigación dos Trastornos da Personalidade para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos enfermos e familiares.

38.888,00 €

8.7.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Avelaíña de axuda ás persoas con problemas de saúde mental para achegar a atención sociosanitaria ás persoas con enfermidade mental e aos seus familiares nas comarcas de Condado e Paradanta. Proxecto achego.

27.500,00 €

9.7.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia Farga para o desenvolvemento de actividades de formación, información e asesoramento e apoio a pacientes e familiares/coidadores.

25.369,00 €

9.7.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para o desenvolvemento de actividades destinadas a mellorar a situación de saúde e calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas.

31.755,00 €

10.7.2020

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Salvaterra do Miño sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde de Salvaterra do Miño.

Sen achega económica

24.7.2020

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

154.500,00 €

30.7.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue.

58.200,00 €

20.8.2020