A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda e Administración Pública, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
DISPÓN:
1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.
2. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
ANEXO
– Viae ad limina Sancti Iacobi. 79 €.
– Cuevillas e os seus contemporáneos: Epistolario. 20 €.