Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37490

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 33/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 33/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Salgueiro Castro contra Enasa Systems, S.L., Fogasa, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: Belén Menéndez Medel.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2020.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Enasa Systems, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 2.907 euros en concepto de principal (2.478,52 euros en concepto de salarios e vacacións devindicadas e non desfrutadas, 428,48 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 290,70 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá a todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Enasa Systems, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza