Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de setembro de 2020 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 222/2020 no expediente de reposición da legalidade POL/7/2019.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, en relación co procedemento ordinario 222/2020, interposto por José Manuel Piñeiro Comesaña contra a Resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, do 14 de novembro de 2019, no expediente POL/7/2019, pola que se ordena a restitución das cousas e a reposición ao estado anterior á comisión da infracción, polo que se deberá proceder á completa demolición e retirada das obras, consistentes en construción dunha vivenda prefabricada con toldo sobre estrutura metálica, dúas construcións auxiliares e soleira de formigón, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre sen a preceptiva autorización autonómica, no lugar das Voltas, Baredo, concello de Baiona, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo.

Ao non se poder realizar a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas-LPACAP, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase María Jesús Fernández González para que se poida constituír como parte interesada nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística