Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de setembro de 2020, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia en relación co expediente de expropiación forzosa para a execución da obra do corredor Brión-Noia, treito Martelo-Noia, claves AC/03/008.01.3.2, no concello de Noia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando infrutuoso o intento de notificación por estar ausente na repartición no enderezo que figura no expediente, emprázase a persoa interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, para ser notificada por comparecencia do requirimento de documentación efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra do corredor Brión-Noia, treito Martelo-Noia, claves AC/03/008.01.3.2, no concello de Noia.

A persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da solicitude de documentación e constancia de tal coñecemento. A comparecencia deberá realizarse mediante petición de cita previa.

Transcorrido devandito prazo de dez (10) días sen efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único ( TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días para presentar a documentación requirida.

A Coruña, 7 de setembro de 2020

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial
da Coruña

ANEXO

Expediente

Clave de obra

Predios expropiados

Interesado

Acto que se notifica

AC/03/008.01.3.2

23-32-46-46B-58-66B-94-

100-104-115-123-130-153-

176-191-197-328A-337-341A-380-

390-395-411-416-455-456-467-483-513

José Manuel Villaverde Castro

Requirimento de documentación de 18.2.2020