Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37440

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 17 de setembro de 2020 pola que se autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións e as ensinanzas profesionais de música no conservatorio de Verín.

O Concello de Verín solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións da rúa José Mª Pereda Álvarez, nº 3, á rúa Irmáns Sulleiro, s/n, e a autorización para impartir as ensinanzas profesionais de música no Conservatorio de Verín.

Conforme o Decreto 46/1991, do 7 de febreiro, créase o conservatorio de grao elemental dependente do Concello de Verín, cuxa posta en funcionamento se autorizou pola Orde do 28 de febreiro de 1991 (DOG do 5 de abril), con sede na rúa José María Pereda Álvarez, nº 3, de Verín (Ourense).

O Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, establece os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas. O Decreto 253/1995, do 29 de setembro, e a Orde do 5 de decembro de 1995, regulan o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas; trámites preceptivos iniciados na Xefatura Territorial de Ourense que achega o expediente cos correspondentes informes para a autorización das devanditas modificacións.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións e as ensinanzas profesionais de música, no centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación: CEMU Profesional de Verín.

Código do centro: 32016558.

Enderezo: rúa Irmáns Sulleiro, s/n.

Localidade: Verín.

Concello: Verín.

Provincia: Ourense.

Titular: Concello de Verín.

Composición resultante:

Ensinanzas elementais de música para 80 postos escolares.

Ensinanzas profesionais de música para 80 postos escolares.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade