Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 11 de setembro de 2020 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola de dúas parcelas no termo municipal de Muras.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 11 de setembro de 2020, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 44 e 45 do polígono 46 do termo municipal de Muras.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 12 de agosto de 2020.

Lugo, 15 de setembro de 2020

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo