Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0032/2020-LSA e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro) do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 15 de setembro do 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Denunciado

Acto de notificación

INC-PO-0032/2020-LSA

76890530N

Proposta de resolución

INC-PO-0050/2020-IUL

35485312S

Acordo de incoación

MON-PO-0009/2020-DIA

35411218G

Proposta de resolución

MON-PO-0044/2020-DIA

93548391P

Acordo de incoación

SAN-PO-0070/2019-IA

35321273N

Resolución