Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37384

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 2470/2019).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse efectuar a/as notificación/s no domicilio que consta no expediente (por ausente ou descoñecido), faise pública a incoación de expediente/s de orden de execución polo estado de parcela, para comparecencia dos interesados.

Nº expte.

Asunto

Propietario

Ref. catastral-Localización da parcela

2470/2019

Limpeza de parcela

Descoñecido

36005 A090003530000TA en Tibo-Santa María

Os interesados dispoñen dun plazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para examinaren o expediente no departamento de urbanismo do Concello de Caldas de Reis, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e, se for o caso, presentar alegacións ou cualquera escrito en defensa dos seus intereses.

Contra o presente acto, por tratarse dun acto de trámite, non cabe recurso.

Caldas de Reis, 10 de setembro de 2020

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente