Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37385

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha praza incluída na oferta de emprego público do ano 2020.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 513/2020, do 12.8.2020, aprobouse a convocatoria pública e as bases reguladoras do procedemento selectivo para a provisión mediante oposición dun posto de traballo vacante, incluído na oferta pública de emprego deste concello para o ano 2020, aprobada pola Resolución da Alcaldía do 26.3.2020 e publicada no BOP núm. 57, do 3.4.2020, denominado:

Funcionario de carreira, grupo C, subgrupo C2, segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público:

Persoal funcionario.

Clasificación: grupo C, subgrupo C2.

Denominación: Auxiliar administrativo/a de Administración xeral.

Número: 1.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 139, do 27 de agosto de 2020, publicouse a convocatoria e as súas bases reguladoras, corrixidas pola Resolución da Alcaldía núm. 564/2020, do 28 de agosto. O prazo para a presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ponteceso, 31 de agosto de 2020

Xosé Lois García Carballido
Alcalde