En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no Decreto 213/2007, polo que se aproban os estatutos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e vivenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e catro de setembro de dous mil vinte,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, José Antonio Cerdeira Pérez como director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, vinte e catro de setembro de dous mil vinte
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda