Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37265

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

DECRETO 159/2020, do 24 de setembro, polo que se dispón que cese Guillermo Ramón Evia Pérez como director do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.

En virtude do establecido no artigo 24 dos estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, aprobados polo Decreto 244/2011, do 29 de decembro; nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e catro de setembro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Que cese Guillermo Ramón Evia Pérez como director do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e catro de setembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda