De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e dando cumprimento ao artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro,
RESOLVE:
Dar publicidade á resolución da concesión das axudas pola Consellería do Medio Rural ao abeiro da Orde do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020, que figuran como anexo nesta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020
O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, artigo 2.3; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
José Silvestre Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).
b) Aplicación orzamentaria: 14.04.713E.770.2.
Crédito orzamentario: 724.104,60 €.
Esta axuda está cofinanciada polo Feaga da UE ata un 50 %, polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) ata un 25 % e a porcentaxe restante pola Xunta de Galicia, en virtude do Regulamento (CE) núm. 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e o Real decreto 930/2017, do 27 de outubro, polo que se regula o réxime de axudas á apicultura no marco dos programas nacionais anuais, e se modifica o Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.
c) Finalidade:
Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:
• Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores.
• Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea.
• Liña C. Racionalización da transhumancia.
• Liña E. Medidas de apoio á repoboación da cabana apícola.
a) Destinatarios:
Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, e as cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica propia, na medida en que os seus integrantes cumpran os requisitos para seren beneficiarios dalgunha ou dalgunhas das axudas recollidas no Programa 2020-2022.
b) Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Tamén poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.
c) Beneficiarios e importe concedido:
Nº expediente |
Beneficiario/a |
NIF/CIF |
Contía |
API/2020/32/0011 |
Asociación Abellas Nais |
***4674** |
46.499,30 € |
API/2020/32/0015 |
Agrupación Apícola de Galicia |
***2524** |
284.455,67 € |
API/2020/32/0031 |
Alba Pereira Estévez |
***7605** |
40,00 € |
API/2020/32/0002 |
Apibén, S.C. |
***4296** |
5.090,72 € |
API/2020/32/0001 |
Aroamel, S.C. |
***4902** |
1.568,87 € |
API/2020/32/0018 |
Asoc. Agrogandeira Apícola e Forestal de Bande |
***4901** |
12.502,20 € |
API/2020/32/0016 |
Asociación Galega de Apicultores Profesionais |
***4962** |
15.715,68 € |
API/2020/15/0004 |
Asociación Galega de Apicultura |
***0772** |
241.194,90 € |
API/2020/27/0014 |
Asociación Provincial Lucense de Apicultura |
***0222** |
81.645,11 € |
API/2020/32/0007 |
Benigno Basteiro Rodríguez |
***2292** |
3.052,52 € |
API/2020/15/0019 |
Asociación Casa do Mel |
***2438** |
22.319,12 € |
API/2020/32/0033 |
Flora Fernández Fernández |
***2851** |
108,00 € |
API/2020/32/0030 |
Manuel Murias Fernández |
***0076** |
30,00 € |
API/2020/32/0012 |
María Eugenia Feijoo Alonso |
***3094** |
270,00 € |
API/2020/32/0029 |
Noelia Prieto Fernández |
***1554** |
40,00 € |
API/2020/27/0024 |
Pazo de Lusío, S.L. |
***9909** |
2.231,64 € |
API/2020/32/0017 |
Proxectos Galegos de Apicultura, S. Coop. Galega |
***4960** |
7.000,87 € |
API/2020/32/0028 |
Raquel Rodríguez Arias |
***7033** |
80,00 € |
API/2020/32/0016 |
Santiago Seoane Álvarez |
***8142** |
60,00 € |
API/2020/32/0025 |
Susana Vega Domínguez |
***7027** |
120,00 € |
API/2020/32/0027 |
Ricardo Porto González |
***3026** |
80,00 € |