Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37286

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020.

missing image file

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, do programa e crédito orzamentario a que se imputen, da finalidade da subvención, do beneficiario e da cantidade concedida.

Finalidade da subvención: todas as axudas concedidas teñen por finalidade a adquisición de maquinaria para a súa utilización en réxime asociativo.

Estas axudas encádranse dentro da medida 4.11. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas do PDR de Galicia 2014-2020, que ten como prioridade ou finalidade:

a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.

b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.

c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

O financiamento das axudas recollidas na presente orde, cofinanciadas nun 7,50 % pola Administración xeral do Estado, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader, efectuarase con cargo á seguinte aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia: 14.04.712B 772.0 (CP 2016 00369), cun importe para o ano 2020 de dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000 €).

Na súa virtude, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas (anexo I) ao abeiro da Orde do 20 de diciembre de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente

CIF

Nome

Investimento elixible

Porcentaxe de axuda

Axuda €

272020000001

F27317593

Aira, S.C.G.

600.000,00 €

50

300.000,00 €

152020000024

F70509096

Cooperativas Lácteas Unidas, S.C.G.

592.734,24 €

50

296.367,12 €

362020000005

F36211019

Cobideza, S.C.G.

250.000,00 €

40

100.000,00 €

362020000002

F36100782

O Rodo, S.C.G.

250.000,00 €

40

100.000,00 €

152020000007

F15014236

Ntra. Sra. del Perpetuo Socorro, S.C.G

250.000,00 €

40

100.000,00 €

362020000008

F36188829

Aprodeza, S.C.G.

133.000,00 €

40

53.200,00 €

362020000007

F36047058

Campodeza, S.C.G.

110.450,00 €

40

44.180,00 €

362020000013

F94021250

Gandeiros de Lalín, S.C.G.

250.000,00 €

40

100.000,00 €

362020000011

F36393775

Gandeiros do Deza, S.C.G.

166.900,00 €

40

66.760,00 €

152020000027

F15799273

Aranxes, S.C.G.

250.000,00 €

40

100.000,00 €

362020000009

F36398923

Maquideza, S.C.G.

250.000,00 €

40

100.000,00 €

152020000014

F15844194

Xallas e Barcala

250.000,00 €

40

100.000,00 €

152020000005

F15882731

Brandelos, S.C.G.

250.000,00 €

40

100.000,00 €

152020000020

F70051446

Os Pequeniños, S.C.G.

250.000,00 €

40

100.000,00 €

152020000031

F15018534

Central de Frades, S.C.G.

215.500,00 €

40

86.200,00 €

272020000005

F27013739

Lemos, S.C.G.

172.219,84 €

40

68.887,94 €

362020000006

F94119153

Campoafiliados, S.C.G.

211.467,00 €

40

84.586,80 €

272020000010

F27261379

Coparma, S.C.G.

249.900,00 €

40

99.960,00 €

152020000023

F70373634

Os de Rois, S.C.G.

230.385,00 €

40

92.154,00 €

152020000008

F15949001

Río Mera, S.C.G.

250.000,00 €

40

100.000,00 €

152020000006

F15931694

Monte Aro, S.C.G.

220.440,00 €

40

88.176,00 €

362020000014

F36421659

Sixto, S.C.G.

42.000,00 €

40

16.800,00 €

152020000028

F15850910

Vicebo, S.C.G.

163.819,84 €

40

65.527,94 €

272020000008

F27298504

Friolfe, S.C.G.

187.690,00 €

40

75.076,00 €