Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 15 de setembro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública a separata do proxecto de construción dunha senda na AC-301 entre os puntos quilométricos 2+250-2+800, de clave AC/19/128.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

Por Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 3 de setembro de 2020 aprobouse provisionalmente o contido do documento para información pública do proxecto de construción: Senda na AC-301 entre os pp.qq. 2+250-2+800, de clave AC/19/128.06.

O artigo 6.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e o artigo 12.2 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, determinan que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de Mobilidade Alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

O obxecto do proxecto é definir, xustificar e valorar as actuacións necesarias para a mellora da seguridade vial e o fomento da mobilidade sustentable na estrada autonómica AC-301, no treito comprendido entre os pp.qq 2+250 e 2+800 (marxe esquerda), e a antiga AC-299 (estrada actualmente de titularidade local), sendo a lonxitude total da senda proxectada de 820 m e permitindo a conexión dos itinerarios peonís xa existentes no polígono industrial de Rois/Padrón coas beirarrúas do núcleo rural de Rois.

Ademais da propia senda, recóllense tamén as seguintes actuacións complementarias:

• Mellora do trazado da estrada AC-301 na contorna do p.q. 2+450.

• Adaptación e mellora da intersección situada a altura do p.q. 2+520.

• Reposición do camiño de servizo na contorna do p.q. 2+450.

• Execución da drenaxe de augas pluviais e a reposición daqueles servizos afectados pola execución das obras.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Rois (lugar Samil, 1, 15911 Rois-A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase a disposición dos interesados a separata do proxecto de construción.

Santiago Compostela, 15 de setembro de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relacion de bens, dereitos e propietarios afectados

Título: senda na AC-301 entre os pp.qq. (puntos quilométricos) 2+250-2+800.

Clave: AC/19/128.06.

Concello de Rois.

Ref. catastral

Parcela

Políg.

Titular

NIF

Clas. NN SS

Uso catastral

Sit. bas. solo

Sup. catastral total

Sup. solo afectado

Bens afectados

Medición

001

15075B11900363

119

00363

Aluminios Cortizo, S.A.

A15077761

Solo urbano consolidado industrial

Industrial

Urbanizado

28.557

410,50

Peche malla T. torsión s/ muro formigón+árbore ornamental+peche de prantas ornamentais

4 ml+2 ud. +10 ml

002

15075B11900113

119

00113

CMVMC Oin

---

Solo urbanizable non delimitado

Solo sen edif.

Rural

140.024

944,00

Árbol madeireiro

15 ud.

003

15075B11909507

119

09507

ADIF-Alta velocidade

Q2802152E

Solo urbanizable non delimitado

Agrario

Rural

76.759

105,00

004

15075B11900398

119

00398

Piñeiro Ares, Virtudes

***6340**

Solo urbanizable non delimitado

Agrario

Rural

2.806

173,00

Árbol madeireiro

4 ud.

005

15075A12000177

120

00177

Acosta López, Sara Joaquina

***3926**

Solo urbanizable non delimitado

Agrario

Rural

4.688

78,00

Árbol madeireiro

4 ud.

006

15075A12000176

120

00176

Figueroa Acosta, Josefa

***0093**

Solo urbanizable non delimitado

Agrario

Rural

1.767

90,00

Árbol madeireiro

4 ud.

007

15075A12000175

120

00175

Otero Sorribas, Ramona

---

Solo urbanizable non delimitado

Agrario

Rural

3.085

2.630,50

Árbol madeireiro

80 ud.

008

15075A12000174

120

00174

Baleirón Vázquez, Mª Teresa

***1310**

Solo urbanizable non delimitado

Agrario

Rural

2.559

335,00

009

15075A12100121

121

00121

CMVMC Oin

---

Solo urbanizable non delimitado

Agrario

Rural

17.194

610,00

010

15075A12100129

121

00129

Bustelo Figueira, Mª del Carmen

***9963**

Solo urbanizable non delimitado

Agrario

Rural

4.719

118,50

011

15075A12100134

121

00134

Cabo Agrasar, Orestila Purificación

***6462**

Solo urbanizable non delimitado

Agrario

Rural

612

110,50