Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 23 de setembro de 2020 Páx. 37027

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 497/2019-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número Catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 497/19-MA por instancia de Cheikh Ahmed Vall contra Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L., Sacyr e Fogasa sobre despedimento, nos que recaeu sentenza con data do 21 de xaneiro de 2020 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Cheikh Ahmed Vall fronte ás empresas Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. e Sacyr, S.A. (desistida), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. ao traballador.

– Declárase extinguida a relación laboral.

– Condénase a Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. a aboar a Cheikh Ahmed Vall a cantidade de seiscentos cincuenta e catro euros con setenta e dous centimos de euro (654,72 euros) en concepto de indemnización.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Así por esta a miña sentenza definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de setembro de 2020

A letrada da Adminsitración de xustiza