Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 23 de setembro de 2020 Páx. 37006

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

INSTRUCIÓN 2/2020, do 26 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sobre a tramitación administrativa de modificacións de instalacións eléctricas de alta tensión de transporte, distribución ou instalacións de conexión de xeradores.

A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, introduce cambios significativos nos procedementos de autorización de instalacións eléctricas. O artigo 53.2 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, indica que a Administración pública competente poderá establecer que determinados tipos de modificacións non substanciais das instalacións de transporte, distribución e produción e liñas directas non queden sometidas ás autorizacións administrativas previas previstas nas alíneas 1.a) e b), autorización administrativa previa e de construción respectivamente. Especifica que regulamentariamente se establecerán, para estes efectos, que criterios se utilizarán para considerar unha determinada modificación como non substancial, os cales deberán fundamentarse nas características técnicas da modificación proxectada, e finaliza indicando que, en todo caso, as modificacións consideradas como non substanciais deberán obter a autorización de explotación, logo de acreditación do cumprimento das condicións de seguranza das instalacións e do equipamento asociado.

Recentemente publicouse o Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica, que modifica, entre outras cousas, o artigo 115 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, por el que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. No seu número 3 regúlanse expresamente algunhas modificacións non substanciais:

«3. Para os efectos do establecido no artigo 53.2 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, considéranse modificacións non substanciais, e deben unicamente obter a autorización de explotación, logo de acreditación do cumprimento das condicións de seguranza das instalacións e do equipamento asociado, as que cumpran as seguintes características:

a) Non se encontren dentro do ámbito de aplicación da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

b) Que non supoñan unha alteración das características técnicas básicas (potencia, capacidade de transformación ou de transporte, etc.) superior ao 5 por cento da potencia da instalación.

c) Que non supoñan alteracións da seguridade tanto da instalación principal como das súas instalacións auxiliares en servizo.

d) Que non se requira declaración en concreto de utilidade pública para a realización das modificacións previstas.

e) As modificacións de liñas que non provoquen cambios de servidume sobre o trazado.

f) As modificacións de liñas que, aínda provocando cambios de servidume sen modificación do trazado, se realicen de mutuo acordo cos afectados, segundo o establecido no artigo 151 deste real decreto.

g) As modificacións de liñas que impliquen a substitución de apoios ou condutores por deterioración ou rotura, sempre que se manteñan as condicións do proxecto orixinal.

h) A modificación da configuración dunha subestación sempre que non se produza variación no número de rúas nin no de posicións.

i) No caso de instalacións de transporte ou distribución que no impliquen cambios retributivos».

Por outra banda, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión, no punto 4 da ITC-RAT-20 establece:

«A ampliación ou modificación dunha instalación de alta tensión require a presentación á Administración pública competente dun proxecto de ampliación ou modificación que recolla os conceptos que se indican nos capítulos 2 e 3 desta instrución, e nos cales se xustifiquen a necesidade da ampliación ou modificación en cuestión.

Excepto se supoñen modificacións de instalacións de transporte, distribución ou xeración de enerxía eléctrica que impliquen cambios retributivos, non terán consideración de ampliacións nin modificacións e por tanto non precisarán das autorizacións previstas na Lei 24/2013, do 26 de decembro, nin presentación de proxecto técnico os seguintes traballos:

a) Os traballos que non provoquen obras ou instalacións novas ou un cambio substancial nas características técnicas da instalación (por exemplo, substituír cables ou condutores, aparamenta ou relés por outros de similares características).

b) A colocación de fusibles, aparamenta ou relés, en espazos, celas ou cabinas baleiras previstas e preparadas inicialmente para realizar a ampliación.

c) Os traballos de reparación, ampliación ou adecuación que afectan soamente os circuítos de medida, mando, sinalización ou protección, ou os aparellos asociados correspondentes.

d) Os traballos de reparación, ampliación ou adecuación que afecten soamente os servizos auxiliares de baixa tensión da instalación de alta tensión.

e) A substitución de aparellos, máquinas ou elementos por outros de características técnicas similares.

Para estes traballos non se precisará autorización administrativa nin presentación de proxecto técnico de execución. A realización destes traballos quedará rexistrada no libro de instrucións de control e mantemento da instalación».

Dado que a normativa de aplicación é demasiado xenérica e non considera todos os casos, na práctica faise necesario especificar con máis detalle os tipos de actuacións concretas que desde o punto de vista técnico se poden considerar non substanciais ou incluso non modificacións e evitar trámites innecesarios no procedemento.

A Comunidade Autónoma galega, de acordo co establecido no seu artigo 27.13 do seu Estatuto de autonomía, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, ten atribuída a competencia exclusiva no relativo a instalacións de produción, distribución e transporte de enerxía eléctrica cando este transporte non saia do seu territorio e o seu aproveitamento non afecte outra comunidade autónoma, sen prexuízo do disposto no artigo 149.1.22 e 25 da Constitución.

O director xeral de Enerxía e Minas é competente para ditar a presente instrución con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Polo exposto, coa finalidade de unificar criterios e simplificar a tramitación administrativa das modificacións de instalacións eléctricas de alta tensión, dítanse as seguintes

INSTRUCIÓNS:

Primeira. Tipos de modificacións e tramitación correspondente

Cómpre en primeiro lugar clasificar os tipos de modificacións que se poden dar nunha instalación en funcionamento ou xa autorizada, e especificar os trámites administrativos necesarios para a súa legalización:

a) Modificación substancial (MS): necesita autorización administrativa previa, de construción e de explotación (AAP+AC+AE).

b) Modificación non substancial (MNS): necesitan só AE.

c) Outras actuacións non consideradas modificacións (NM): só necesitan comunicación no caso de seren instalacións de transporte ou distribución suxeitas a retribución.

Segunda. Particularidades para instalacións de distribución

1. Para determinados tipos de modificacións non substanciais en instalacións de distribución que son repetitivas en diferentes localizacións, poderanse presentar proxectos conxuntos e emitir autorizacións de explotación conxuntas, por concello ou provincia, cunha periodicidade axeitada en función do seu volume (mínimo 1 vez/ano).

2. No caso das actuacións que non se consideran modificacións (NM), comunicaranse de xeito telemático, ao menos unha vez ao ano, no rexistro que se creará para o efecto. Mentres este rexistro non estea habilitado telematicamente, as citadas actuacións comunicaranse á DX de Enerxía e Minas só para os efectos do coñecemento das actuacións/investimentos realizados polas empresas distribuidoras.

Terceira. Modificacións de instalacións eléctricas de AT

1. Consideraranse modificacións non substanciais para os efectos previstos no artigo 53.2 da Lei 24/2013, as actuacións que se especifican como tales no número 3 do artigo 115 do Real decreto 1955/2000, e as recollidas no anexo á presente resolución. En consecuencia, os tipos de modificacións anteriormente sinaladas non quedan sometidas ás autorizacións administrativas previa e de construción previstas nas alíneas 1.a) e b) do artigo 53 da Lei 24/2013, pero en todo caso deberán obter a autorización de explotación.

2. Non se considerarán modificacións as actuacións que se especifican como tales no Real decreto 337/2014 e as recollidas no anexo á presente resolución.

3. As variacións de trazado que varíen a servidume son modificacións substanciais e, por tanto, necesitan autorización administrativa previa e autorización de construción, pero non será necesario sometelas a información pública cando exista mutuo acordo cos afectados, segundo o establecido no artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Cuarta. Actuacións detalladas

Dado que a normativa de aplicación é demasiado xenérica, na práctica faise necesario especificar con máis detalle os tipos de actuacións concretas que se consideran dunha ou doutra tipoloxía.

Relaciónanse no anexo á presente instrución unha serie de actuacións tipo en que se aclara cal sería a súa consideración para os efectos da tramitación administrativa. En calquera caso, trátase dunha relación indicativa non exhaustiva, polo que calquera actuación non considerada de forma específica terá o mesmo tratamento administrativo que o considerado para a actuación máis asimilable.

Estas instrucións serán de aplicación a todas as actuacións que se realicen en instalacións en funcionamento ou autorizadas, sen prexuízo da data de autorización da instalación, dado que todas elas quedan sometidas, en canto ás actuacións de modificación, ao réxime de autorizacións establecido no artigo 53 da Lei 24/2013, consonte o artigo 35 da mesma lei.

Esta instrución modifica e substitúe o establecido no número 2 da Instrución 1/2016, do 20 de xuño, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sobre autorización en materia de acometidas, modificacións de liñas eléctricas de alta tensión e licenzas urbanísticas de instalacións eléctricas.

Esta instrución entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Actuacións detalladas

Orde

Tipo

Subtipo

Código

Actuación

Proposta

Aclaración

1

1. LAT Aérea

11. Nova

1.1.1

Tendido 2º circuíto en liña simple circuíto preparada para dobre circuíto

MS/MNS

MNS: Se a liña dobre circuíto xa dispón de AAP e AAC

2

1. LAT Aérea

12. Existente

1.2.1

Cambio de condutores

MNS/NM

NM: Se non se cambia a sección

3

1. LAT Aérea

12. Existente

1.2.2

Adecuación posta a terra (PAT apoios e liñas de terra aéreas)

NM

4

1. LAT Aérea

12. Existente

1.2.3

Adecuación, cambio ou recrecemento de apoios

MNS/NM

MNS: Se hai cambio de tipoloxía construtiva dos apoios

5

1. LAT Aérea

12. Existente

1.2.4

Cambio de crucetas e elementos auxiliares

NM

6

1. LAT Aérea

12. Existente

1.2.5

Cambio de illamento

NM

7

1. LAT Aérea

12. Existente

1.2.6

Instalación de fibra óptica

NM

8

1. LAT Aérea

13. Elementos fiabilidade

1.3.1

Instalación/Cambio: regulador de tensión, interruptor telecontrolado, reconectador, seccionador, autoseccionador, SX e SXC

MNS/NM

NM: Substitución por outro de iguais características

9

2. LAT Subterránea

21. Nova

2.1.1

Tendido 2º e 3º circuíto en liña simple circuíto preparada para dobre/triplo circuíto

MS/MNS

MNS: Se a liña dobre/triplo circuíto xa dispón de AAP e AAC

10

2. LAT Subterránea

21. Nova

2.1.2

Tendido circuíto subterráneo en gabia/canalización/galería existente

MS/MNS

MNS: Se a canalización xa dispón de AAP e AAC

11

2. LAT Subterránea

22. Existente

2.2.1

Instalación de fibra óptica

NM

12

2. LAT Subterránea

22. Existente

2.2.2

Adecuación posta a terra (pantallas cables subterráneos-cámaras de empalmes)

NM

13

3. CT

32. Existente

3.2.1

Cambio de transformador sen modificación de potencia

NM

14

3. CT

32. Existente

3.2.2

Cambio de transformador con diminución de potencia

MNS

15

3. CT

32. Existente

3.2.3

Cambio de transformador con aumento de potencia

MS/MNS

MNS: Se a nova potencia xa dispón de AAP e AAC

16

3. CT

32. Existente

3.2.4

Instalación de máquinas adicionais

MS/MNS

MNS: Se xa dispoñen de AAP e AAC

17

3. CT

32. Existente

3.2.5

Cambio de plataforma en CT/CR/CS

MNS/NM

NM: Se non hai cambio das características da plataforma

18

3. CT

32. Existente

3.2.6

Ampliación/Cambio de celas

MNS/NM

NM: Se o cambio de celas es substitución por outras de iguais características

19

3. CT

32. Existente

3.2.7

Ampliación/Cambio de cadros de baixa tensión

NM

20

3. CT

32. Existente

3.2.8

Melloras diversas

NM

21

4. SE

42. Existente

4.2.1

Nova posición con interruptor

MS

22

4. SE

42. Existente

4.2.2

Instalación/cambio de interruptor en posición existente

MNS/NM

NM: Se o cambio de interruptor é substitución por outro de iguais características

23

4. SE

42. Existente

4.2.3

Instalación/cambio doutros elementos en posición existente

MNS/NM

NM: Substitución por outro de iguais características

24

4. SE

42. Existente

4.2.4

Equipamento de posición de reserva

MS/MNS

MNS: Se a posición de reserva xa dispón de AAP e AAC

25

4. SE

42. Existente

4.2.5

Instalación/adecuación de batería de condensadores

MNS/NM

NM: Se é adecuación

26

4. SE

42. Existente

4.2.6

Adecuación/cambio de proteccións

NM

27

4. SE

42. Existente

4.2.7

Adecuación en subestación de obra civil ou outros elementos comúns

NM

28

4. SE

43. Transformador

4.3.1

Instalación dun novo transformador

MS/MNS/NM

MNS: Se xa dispón de AAP e AAC. NM: Se se trata dunha substitución de transformador sen cambio de potencia

29

4. SE

43. Transformador

4.3.2

Obra civil para transformador sen equipar (bancada baleira)

NM

30

4. SE

43. Transformador

4.3.3

Adecuación de transformador

NM

31

4. SE

44. Equipamentos móbiles

4.4.1

Novo transformador móbil

MS

Autorización de implantación

32

4. SE

44. Equipamentos móbiles

4.4.2

Nova posición móbil

MS

Autorización de implantación

33

5. Redes, xestión, despachos, control e IBO

51. Smart Grids

5.1.1

Redes intelixentes

NM

34

5. Redes, Xestión, Despachos, Control e IBO

52. Telexestión, xestión dixitalizada e tradicional

5.2.1

Xestión (telexestión, xestión dixitalizada e tradicional)

NM

35

5. Redes, xestión, despachos, control e IBO

53. Despachos de manobra e centros control dixitalizado

5.3.1

Despachos de manobra e centros control

NM

36

5. Redes, xestión, despachos, control e IBO

54. IBO

5.4.1

IBO

NM