Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 22 de setembro de 2020 Páx. 36951

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 819/2019-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 819/2019-MA por instancia de Isabel Yolanda López Mariño contra Mounting Blog, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 20 de xullo de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Desestímase a demanda interposta por Isabel Yolanda López Mariño fronte á empresa Mounting Blog, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, considerándose a excepción de caducidade da acción oposta por este último cuxa existencia se declara, absolvendo a empresa Mounting Blog, S.L. das pretensións fronte a ela dirixidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mounting Blog, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 1 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza