Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204.
Denominación: LMTS, CT Rúa Figueiras.
Situación: Vigo.
Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 AI de 371 metros de lonxitude, con orixe na cela MT do CT Cabral-Feira (36CPF6) e final na cela MT do CT proxectado. Centro de transformación cun transformador de 250 kVA, con relación 15.000/400 V. As instalacións están situadas na rúa Figueiras, na parroquia de Cabral, no concello de Vigo (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións ante esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase ao dispor do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 26 de agosto de 2020
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Nº de expediente: IN407A 2020/128-4. Termo municipal: Vigo (Pontevedra).
Denominación: LMTS, CT Rúa Figueiras.
Parcela 1:
Titular: descoñecido.
Referencia catastral: 8354445NG2785S0001FM.
Localización: rúa Figueiras, Cabral.
Uso principal: solo sen edificar.
Afección: 16,81 m2 para CT e beirarrúa e 16,60 m2 para servidume de paso.