Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 17 de setembro de 2020 Páx. 36470

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 1781/2020).

Ao se descoñecer a identidade das persoas titulares dos inmobles relacionados a continuación, polo presente edicto ponse no seu coñecemento, polos medios establecidos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o contido da Resolución núm. 2020-0805, do 20.8.2020, que literalmente di:

«Decreto de Alcaldía.

De conformidade co disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, este concello tivo coñecemento a través das pertinentes denuncias, de que as parcelas que se citan a continuación, incumpren a dita lei, o cal é acreditado cos informes policiais oportunos que se resumen a continuación.

Expediente

1114/2020

1396/2020

1396/2020

1537/2020

Data inicio

3.3.2020

9.7.2020

9.7.2020

24.7.2020

Hora

12.37

12.01

12.01

12.22

Denunciante

Gloria Gil Besada

Sonia Souto Míguez

Sonia Souto Míguez

José Manuel Fernández Ozores

Ref. catastral

36049A015001850000KB

36049A044007460000KO

36049A044007470000KK

36049A018003230000KX

Polígono

15

44

44

18

Parcela

185

746

747

323

Data informe Policía

6.7.2020

16.7.2020

16.7.2020

31.7.2020

m distancia a vivenda

<50

<50

<50

<50

Árbores

Piñeiros e eucaliptos

Eucaliptos

Eucaliptos

Non

Maleza

Si

Si

Si

Si

Localización

As Minas

Vaqueira

Pecha Besa

Farrapeira

Titular

López Barreiro, Celsa

En investigación

En investigación

Martínez García, Ángela (herdeiros de)

Considerando que resulta aplicable ao presente suposto a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que dispón no seu artigo 21 o seguinte:

«Artigo 21. Redes secundarias de faixas de xestión de biomasa

1. Nos espazos previamente definidos como redes secundarias de faixas de xestión de biomasa nos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais, será obrigatorio para as persoas que resulten responsables consonte o artigo 21 ter xestionar a biomasa vexetal, de acordo cos criterios estipulados nesta lei e na súa normativa de desenvolvemento, nunha fanxa de 50 metros:

a) Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable. Sen prexuízo do disposto na disposición transitoria quinta.

b) Arredor das edificacións destinadas a persoas, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte.

c) Arredor das edificacións illadas destinadas ás persoas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.

2. Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros mencionada no número anterior non poderá haber árbores das especies indicadas na disposición adicional terceira.

3. As distancias mencionadas neste artigo mediranse segundo os casos:

a) Desde o limite do solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

b) Desde os paramentos exteriores das edificacións, vivendas illadas e urbanizable, ou os límites das súas instalacións anexas.

c) Desde o limite das instalacións no caso dos depósitos de lixo, gasolineiras e parques e instalacións industriais.

d) Desde o peche perimetral no caso dos cámpings».

Considerando que o artigo 21.ter da referida lei, sinala que por persoas responsables se entenden as persoas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos forestais e os terreos situados en zonas de influencia forestal nos que teñan os seus dereitos.

Considerando, ademais, que conforme o artigo 3.3 da Lei 3/2007, é unha obriga das persoas propietarias de terreos forestais e de zonas de influencia forestal, mantelos en condicións que contribúan a previr ou evitar incendios forestais, respectando as normas de xestión da biomasa.

Considerando que o artigo 135 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia dispón no parágrafo 1.c) que os propietarios de toda clase de terreos deberán conservalos nas condicións legais para servir de soporte aos ditos usos e, en todo caso, nas de seguridade, salubridade, accesibilidade universal e ornato legalmente esixibles. No mesmo artigo dispón no parágrafo 3 que os propietarios de terreos conservarán e manterán o solo natural e, se é o caso, a masa vexetal nas condicións precisas que eviten a erosión e os incendios, impedindo a contaminación da terra, o aire e a auga, e demais condicións que se determinen na lexislación vixente.

Considerando, en último lugar que, cando se trate de interesados descoñecidos ou cuxa notificación resulte infrutuosa, será de aplicación o recollido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas que establece o seguinte: «Cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se houbese podido practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

(…)

As administracións públicas poderán establecer outras formas de notificación complementarias a través dos restantes medios de difusión, que non excluirán a obriga de publicar o correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado».

En uso das atribucións que me confire o artigo 7 da Lei 3/2007, así como o artigo 21.1 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Requirir os titulares dos predios relacionados para que procedan na súa obriga de xestionar a biomasa vexetal, para efectuar no prazo de 15 días naturais desde a publicación do presente decreto no BOE, da limpeza de maleza e tala de piñeiros, eucaliptos e acacias, nos terreos da súa propiedade, sitos en Salceda de Caselas e que se relacionan a continuación:

Expediente

1114/2020

1396/2020

1396/2020

1537/2020

Data inicio

3.3.2020

9.7.2020

9.7.2020

24.7.2020

Hora

12.37

12.01

12.01

12.22

Denunciante

Gloria Gil Besada

Sonia Souto Míguez

Sonia Souto Míguez

José Manuel Fernández Ozores

Ref. catastral

36049A015001850000KB

36049A044007460000KO

36049A044007470000KK

36049A018003230000KX

Polígono

15

44

44

18

Parcela

185

746

747

323

Data informe Policía

6.7.2020

16.7.2020

16.7.2020

31.7.2020

m distancia a vivenda

<50

<50

<50

<50

Árbores

Piñeiros e eucaliptos

Eucaliptos

Eucaliptos

Non

Maleza

Si

Si

Si

Si

Localización

As Minas

Vaqueira

Pecha Besa

Farrapeira

Titular

López Barreiro, Celsa

En investigación

En investigación

Martínez García, Ángela (herdeiros de)

Segundo. Requirir o/a denunciado/a que unha vez limpa a parcela deberá dar conta o Concello de Salceda de Caselas, co fin de levar a cabo a inspección dos traballos realizados.

Terceiro. Advertir o/a interesado/a de que, de persistir no incumprimento logo de transcorrido o prazo outorgado, se procederá á execución subsidiaria sen máis trámite, para o que se aplicarán os seguintes custos segundo proceda:

1) Parcelas menores de 500,00 m²: custo mínimo 500 € (este prezo inclúe os gastos de desprazamento de medios mecánicos e persoais á parcela, así coma o tratamento da biomasa).

2) Parcelas maiores de 500,00 m²: custo mínimo 500 € (a este custo mínimo, engadiráselle o resultado de aplicar o seguinte cadro de prezos segundo as tarefas que se van realizar na parcela).

Cadro de prezos para tratamento da biomasa:

Roza manual .......................................................................................................... 0,50 €/m²

Roza mecanizada con rozadora de cadeas............................................................ 0,15 €/m²

Roza mecanizada con rozadora de martelos.......................................................... 0,20 €/m²

*Corta, apeado e trituración de rama nas faixas de protección de 50 m............. 150 €/árbore

Fóra dos 50 m (pistas, etc.)....................................................................................... 75 €/ud.

* No caso de corta e apeado de arborado, disporá de 5 días para a retirada da madeira da parcela.

Cuarto. Faise constar que no caso de que se proceda á execución subsidiaria, o titular do terreo ou do dereito de aproveitamento deste deberá facilitar o acceso ao suxeito que leve a cabo os traballos de execución subsidiaria, advertindo da facultade deste último para poder acceder á parcela sen necesidade de consentimento da persoa titular, agás naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

Quinto. Advírtese que a contía resultante en función da súa aplicación á superficie da parcela e elementos existentes nela, deberá ser aboada polo titular da parcela, sen prexuízo do custo real dos traballos unha vez rematados. Estando ademais este concello facultado para tramitación dun procedemento sancionador e, se é o caso, imposición de multas coercitivas.

Sexto. Advertir, novamente, ao interesado, que este concello está facultado para proceder á incoación do correspondente expediente de expropiación forzosa no suposto de incumprimento do disposto no presente decreto ao tratarse de titulares descoñecidos, sempre e cando os custos da limpeza superen o valor catastral da parcela tal e como establece a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e normativa complementaria.

Sétimo. Notificar este acordo aos interesados neste expediente administrativo».

Salceda de Caselas, 20 de agosto de 2020

Mª Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa