Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 4 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a comunicación de inicio do procedemento sancionador por infracción da persoa traballadora ou asimilada, beneficiaria de prestacións por desemprego do expediente X5936732H/22-06-2020/2.1.A.

Intentada a notificación persoal das comunicacións de inicio do procedemento sancionador por infraccións na orde social ditadas pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar estas notificacións por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselles saber ás persoas interesadas que, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37.bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, de 14 de maio, dispoñen de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), para presentar por escrito en calquera dos lugares recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as alegacións que consideren oportunas, documentalmente acreditadas, dirixíndoas á oficina de emprego que lle corresponda.

As persoas interesadas durante ese prazo poderán comparecer para efectos do coñecemento e constancia do texto íntegro da comunicación de inicio, ante as dependencias da oficina de emprego que corresponda das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen presentar alegacións en tempo e forma, ditarase a correspondente resolución por parte desta xefatura territorial, que dispón dun prazo de seis (6) meses, desde a data do acordo, para notificar a resolución pertinente.

Lugo, 4 de setembro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Abdellah Elouafi

22/06/2020/2.1.A

Inicio de procedemento sancionador

Lugo