Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 15 de setembro de 2020 Páx. 36088

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 105/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 105/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Alberto Rodríguez Rodríguez, Francisco Cabado Fidalgo e Jesús Sancosmed Fernández contra a empresa Palex Ibérica, S.L., sobre despedimento, se ditou decreto de insolvencia do 24.8.2020, recorrible en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Palex Ibérica, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 24 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza