Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 15 de setembro de 2020 Páx. 36096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 2 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, polo que se dá publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada de María Navalón Solleiro a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Unha vez producido o 29 de setembro de 2013 o falecemento de María Navalón Solleiro (DNI 35879891Y), a Comunidade Autónoma de Galicia foi declarada a súa herdeira ab intestato mediante Resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda do 1 de agosto de 2018 (DOG núm. 158, do 21 de agosto; BOE núm. 205, do 24 de agosto, suplemento de notificacións).

A Comunidade Autónoma galega tomou posesión dos bens hereditarios conforme o disposto no artigo 8.1º do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo o artigo 269 da Lei 2/2006, do dereito civil de Galicia, aplicable a esta sucesión, os devanditos bens serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados no lugar da última residencia habitual do causante e, en todo caso, en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, faise público o seguinte anuncio:

No exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 4 do Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda; de acordo co disposto no artigo 10 do Decreto 94/1999, ábrese o prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que os posibles beneficiarios dos bens da sucesión intestada de María Navalón Solleiro, falecida no concello de Vilamartín de Valdeorras o 29 de setembro de 2013, formulen as alegacións que consideren pertinentes ante a Consellería de Facenda.

O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral do Patrimonio, con enderezo na rúa da Pastoriza núm. 8, 2º andar, en Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2020

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda