Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 14 de setembro de 2020 Páx. 35966

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 754/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 754/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Hayat El Anzouk contra o Grupo Ubi Bene, S.L. sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Providencia da maxistrada xuíza.

Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2020.

Visto o aprazamento acordado no presente procedemento para a celebración de xuízo oral e a data en que viña sinalado o xuízo suspendido, e tendo en conta a súa natureza, o número de partes intervenientes e a duración previsible da vista, así como as demais vistas fixadas para o mesmo día:

De conformidade co sinalado no Acordo da Comisión Permanente do CXPX de 23 de maio de 2020, polo que se levanta a partir do 4 de xuño de 2020 a suspensión de prazos e actuacións procesuais -que viña establecida conforme a disposición adicional segunda do RD 463/2020 de declaración do estado de alarma e as súas prórrogas-, e de conformidade co sinalado no Protocolo do 11 de maio de 2020 da Comisión Permanente do CXPX para a elaboración dos plans de reinicio da actividade xudicial, e o Protocolo do TSX de Galicia aprobado polo Pleno da Sala de Goberno en sesión do 29 de maio de 2020 para a coordinación das axendas de sinalamentos nos órganos xudiciais do ámbito do TSX de Galicia, e tendo en conta as limitacións de ocupación da sede xudicial deste xulgado e da sala de vistas deste xulgado fixadas pola Administración prestacional, así como as necesidades de separación temporal entre os sinalamentos -para os labores de hixienización, ventilación e limpeza das salas, e evitar a superación dos límites de ocupación fixados-, e limitacións horarias do uso das salas de vistas, resulta necesario reprogramar e efectuar novo sinalamento de xuízo oral nas presentes actuacións.

Polos motivos expostos, sinálase para a celebración dos actos de conciliación e xuízo no presente procedemento o día 3.11.2020 ás 10.40 horas o acto de conciliación e ás 10.45 horas o xuízo oral.

Notifíquese ás partes a presente resolución e efectúese a citación de partes, testemuñas e peritos que viñer acordada en autos para a nova data e hora indicadas.

Así mesmo, requírense as partes co fin de que, polo menos con dous días de anticipación ao xuízo oral, comuniquen a este xulgado, por correo electrónico (para evitar anticipar as probas e salvagardar o dereito de defensa), as testemuñas e/ou peritos que van concorrer á vista, identificados polo seu nome e apelidos e o seu DNI, co fin de poder realizar as correspondentes actuacións e coordinación co servizo de seguranza da sede xudicial para o control de acceso a esta e das ocupacións permitidas.

E igualmente, fágase saber ás partes que, a fin de garantir a axilidade das vistas, poden presentar a documental e informes periciais por vía LexNet previamente ao acto do xuízo oral.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma ao Grupo Ubi Bene, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese ao destinatario que ten ao seu dispor na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento; as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza