Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 14 de setembro de 2020 Páx. 35998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña), para seren notificados por comparecencia de modificacións das bases definitivas da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia de varias resolucións que modifican as bases definitivas da dita concentración, que os afectan.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 2 de setembro de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Acto notificado

Zona de concentración

33257391N

Resolución

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)

33239198N

Resolución

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)

33161122K

Resolución

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)