Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 14 de setembro de 2020 Páx. 35999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 11 de maio de 2020 que modifica o Acordo da zona de concentración parcelaria de Sasdónigas (Mondoñedo-Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas na relación adxunta por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a resolución recaída no expediente de modificación do Acordo da zona de concentración parcelaria de Sasdónigas (Mondoñedo-Lugo), por ser devolta polo servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución administrativa citada e constancia de tal coñecemento.

Dada a situación actual ocasionada polo COVID-19, a comparecencia solicitarase a través do teléfono 982 29 44 93.

Expediente: resolución.

Acto notificado: Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 11 de maio de 2020 que modifica o Acordo da zona de concentración parcelaria de Sasdónigas (Mondoñedo-Lugo).

Durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada contra ela ante a Consellería do Medio Rural, na forma legalmente prevista.

Lugo, 2 de setembro de 2020

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de titular

Nome

17

Mª Encarnación Braña Rivas

93

Mario Braña Gómez

144

Consuelo García Carballeira

144

Mª Olimpia Oseira Torres

144

Pedro García Carballeira

144

Filomena García Carballeira

144

Manuela García Carballeira

170

José Ramón Rego Díaz Portas

170

Mª del Carmen Rego Díaz Portas

170

Mario Rego Martínez

170

Mario Luis Rego Eimil

170

Enma Pilar Rego Valcarce

170

Ana Aurora Rego Eimil

170

Hermes Rego Valcarce

170

José María Rego González

170

Mª Reyes Rego Eimil

170

Mª Cristina Rego Eimil

177

Ramón Rey García

262

Eva Carracedo Torres

262

José Luis Carracedo Torres

262

Mª Lourdes Carracedo Torres

291

Gumersindo Teijeiro Rego

294

Santiago José Rodríguez Díaz

326

Ana Belén García Díaz

326

Mª Remedios García Díaz