Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 11 de setembro de 2020 Páx. 35846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 21 de agosto de 2020 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola de varias parcelas do polígono 83 do termo municipal de Baleira.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural autorizou, mediante a Resolución do 21 de agosto de 2020, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 16, 72, 78, 79, 89, 90, 91, 417, 420, 421 e 422 do polígono 83 do termo municipal de Baleira.

O proxecto foi sometido previamente á avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 13 de febreiro de 2020.

Lugo, 31 de agosto de 2020

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo