De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria da Coruña, no Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 14 de agosto de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesado/a |
Nº expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
32707223G |
IN635A 2016/224-1 |
Resolución |
Narón |
32347093P |
IN635A 2019/137-1 |
Resolución |
Narón |
53164287V |
IN635A 2019/143-1 |
Alegacións |
A Coruña |