Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 9 de setembro de 2020 Páx. 35483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Punxín (expediente IN407A 2020/42-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita a instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A. CIF: A63222533.

Enderezo: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: regulamentación da LMTA CAS801-apoio nº 137-17/1.

Situación: Punxín.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, de 32 m de lonxitude, con condutor LA-56 mm2 Al, con orixe no novo apoio proxectado nº 137-17/1, que se intercalará na LMTA CAS801 (expediente núm. 3809-AT) entre os apoios 137/17 e 137/18, e final no apoio 137-17/1-1 existente con PAS da acometida ao CT tamén existente en Punxín (32C933) do expediente núm. 2016/158-3).

Retirada da actual LMT CAS801, en LA-30, entre o apoio 137-18 e o 137-18-2, que quedará substituída polas instalacións antes citadas.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1-3º andar, 32003 Ourense, no prazo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase ao dispor do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o devandito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.

Ourense, 18 de agosto de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2020/42-3.

Termo municipal: Punxín (Ourense).

Denominación da instalación: regulamentación da LMTA CAS801-apoio nº 137-17/1.

Parcela núm.: 1.

Titular: Petronila Diz Vázquez.

Referencia catastral: 2417929NG8921N0001OT.

Lugar: San Roque 18.

Cultivo: urbano.

Afección: 10 m2 de ocupación para novo apoio núm. 137-17/1.