Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 8 de setembro de 2020 Páx. 35359

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 63/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 63/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jacobo Fernández Piñeiro contra Servicios de Seguridade Integral e Mantemento A-1, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

– Sinalar o día 7.10.2020 ás 11.55 horas na Secretaría deste xulgado, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar avinza, o día 7.10.2020 ás 12.00 horas na sala de vistas deste xulgado para a celebración do acto de xuízo ante a maxistrada.

– Mantense a documental acordada por providencia con data do 5.3.2020.

– Dado o aforamento das salas vistas e a necesidade de que cada órgano xudicial ordene o acceso ao público de conformidade co disposto no artigo 20 do Real decreto lexislativo 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte ao COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza e acordo gobernativo do 20.5.2020 co fin de favorecer e facilitar o cumprimento desta medida de prevención e seguridade recoméndase aos profesionais que lle comuniquen ao xulgado con antelación razoable o número de testemuñas e/ou peritos dos que intenten valerse, en caso de que sexa a súa intención propoñelos no acto de xuízo, con indicación dos seus datos de identidade para favorecer o control de acceso e saída por parte do servizo de vixilancia.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios de Seguridade Integral Mantemento A -1, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza