Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 8 de setembro de 2020 Páx. 35371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 16 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións administrativas ditadas en varios procedementos (expediente BS611A LU-0000018402 e tres máis).

De conformidade co disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, a través do anuncio notifícanse as resolucións ditadas nos procedementos instados polas persoas interesadas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos da notificación, as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer para teren coñecemento íntegro de acto e constancia del, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra de Ancares nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Contra estas resolucións poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da notificación, conforme o artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Lugo, 16 de xullo de 2020

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigo 31.2.1 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente/ proced. BS611A

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000018402

11359964B

Resolución por falecemento

17.12.2019

LU-0000017032

76604416H

Resolución por falecemento

24.6.2019

LU-0000014979

34219078T

Resolución por falecemento

8.5.2019

LU-0000038341

33795042S

Resolución por falecemento

23.9.2019