Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 8 de setembro de 2020 Páx. 35369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 14 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións administrativas ditadas en varios procedementos (expediente BS611A LU-0000027521 e seis máis).

De conformidade co disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, a través do anuncio notifícanse as resolucións ditadas nos procedementos instados polas persoas interesadas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos da notificación, emprázanse as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen a compareceren para teren coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade de Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base rúa Serra de Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que contra estas resolucións poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social no prazo de trinta (30) días que comezará a contarse desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Lugo, 14 de xullo de 2020

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigo 31.2.1 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente/proc. BS210A

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000027521

33330577N

Declaración de caducidade

11.11.2019

LU-0000035945

32327772F

Aceptación da desistencia

1.7.2019

LU-0000003381

33305547T

Resolución por caducidade

20.8.2019

LU-0000021235

33303085M

Aceptación da renuncia

15.7.2019

LU-0000039237

33687797T

Declaración de caducidade

23.1.2020

LU-0000028768

51378949P

Aceptación da desistencia

4.3.2020

LU-0000000094

33837822S

Declaración de caducidade

12.2.2020