Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 7 de setembro de 2020 Páx. 35309

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Beariz

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial para a creación de solo industrial.

O Pleno do Concello de Beariz (Ourense), en sesión ordinaria con data do 11 de marzo de 2020, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de creación de solo industrial coas modificacións resultantes do informe emitido pola secretaria de Ordenación do Territorio e Urbanismo en data 8 de maio de 2015.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 92.1 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun (1) mes desde a adopción da aprobación definitiva. Asi mesmo, xunto á publicación deste acordo publicarase a normativa e as ordenanzas do Plan especial no Boletín Oficial da provincia de Ourense conforme o artigo 92.2 da mesma.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 92.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia, achegando un exemplar, debidamente diligenciado.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan parcial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás que xa se lles notificou a aprobación inicial do mesmo, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Beariz, 23 de xuño de 2020

Manuel Prado López
Alcalde