Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 4 de setembro de 2020 Páx. 35153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 24 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial, sita na rúa Durán Loriga, nº 3, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerará que desisten da súa petición.

A Coruña, 24 de agosto de 2020

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de solicitude

DNI/NIE/PAS

Data do requirimento

36200

AV297734

15.7.2020

36102

093429566

10.7.2020

36468

FR683022

13.7.2020

36181

MK2181054

15.7.2020

36566

FV148900

6.8.2020