Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 4 de setembro de 2020 Páx. 35152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de agosto de 2020, da Xefatura de Inspección de Servizos Sanitarios da Coruña, polo que se notifica un acto administrativo ditado no expediente de responsabilidade patrimonial RP-2019-0139-C.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), para que teña coñecemento do acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo que se notifica, a persoa interesada, por si ou a través do seu representante legal, dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para comparecer nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios, sita na rúa Durán Loriga, núm. 3, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como para presentar as alegacións correspondentes.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida cando venza o prazo indicado para comparecer.

A Coruña, 20 de agosto de 2020

Carmen Gerpe Caamaño
Xefa do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios da Coruña

ANEXO

Nº expediente: RP-2019-0139-C.

DNI/NIF/CIF: 34893926M.

Acto de notificación: trámite de audiencia.