Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 3 de setembro de 2020 Páx. 35036

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 27 de agosto de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR605A).

O día 27 de xaneiro de 2020, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR605A).

No seu artigo 22 precísanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas e sinálase que a consellería competente no medio rural poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde.

Dado que a dotación orzamentaria desa orde ascende á cantidade de 1.525.000,00 euros para o ano 2020 e 11.475.000,00 € para o ano 2021, e posto que esa dotación é insuficiente tendo en conta o importe das solicitudes recibidas, cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria das anualidades 2020 e 2021 para a concesión das mencionadas axudas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Incremento de crédito

1. Ampliar a dotación orzamentaria asignada á Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR605A), con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 14.03.713B.770.0 por importe de 1.300.000,00 euros, nas seguintes anualidades:

– Ano 2020: 142.500,00 euros.

– Ano 2021: 1.157.500,00 euros.

Como resultado desta ampliación, o orzamento total asignado á presente orde é o seguinte:

– Ano 2020: 1.667.500,00 euros na aplicación orzamentaria 14.03.713B.770.0.

No código de proxecto 2016 00209: 1.090.000,00 €.

No código de proxecto 2016 00210: 577.500,00 €.

– Ano 2021: 12.632.500,00 euros na aplicación orzamentaria 14.03.713B.770.0.

No código de proxecto 2016 00209: 8.810.000,00 €.

No código de proxecto 2016 00210: 3.822.500,00 €.

Como consecuencia tamén se modifica a distribución do crédito establecida no punto 1, letra b), do artigo 10 como segue:

b) Dentro de cada tipo de beneficiario segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

b.1) Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).1º (rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm): 4.950.000 €.

b.2) Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).2º (rozas e podas en masas de coníferas): 4.950.000 €.

b.3) Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 2.200.000 €.

b.4) Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros): 2.200.000 €.

2. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2020 e 2021, con cargo aos seguintes códigos de proxecto:

a) 14.03.713B.770.0.2016 00209 por un importe de 9.900.000 € distribuídos do seguinte xeito:

– 1.090.000 €, ano 2020.

– 8.810.000 €, ano 2021.

Dentro de cada tipo de beneficiario segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).1º (rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm): 545.000 € para o ano 2020, 4.405.000 € para o ano 2021.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).2º (rozas e podas en masas de coníferas): 545.000 € para o ano 2020, 4.405.000 € para o ano 2021.

b) 14.03.713B.770.0.2016 00210 por un importe de 4.400.000 € distribuídos do seguinte xeito:

– 577.500 €, ano 2020.

– 3.822.500,00 €, ano 2021.

Dentro de cada tipo de beneficiario segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 276.250 € para o ano 2020, 1.923.750 € para o ano 2021.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros): 301.250 € para o ano 2020, 1.898.750 € para o ano 2021.

Esta dotación poderá ser incrementada con fondos comunitarios, do Estado ou da Comunidade Autónoma.

3 .En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias

Artigo 2. Ausencia de efectos sobre o prazo de solicitudes

O incremento de crédito previsto no artigo 1 desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na devandita Orde do 23 de decembro de 2019 (DOG núm. 17, do 27 de xaneiro de 2020).

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2020

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural