Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 2 de setembro de 2020 Páx. 34889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 18 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de construción dunha terminal de almacenamento de produtos petrolíferos no porto exterior da Coruña en Punta Langosteira, no concello de Arteixo (expediente 2017/0245).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 18 de agosto de 2020, do proxecto de construción dunha terminal de almacenamento de produtos petrolíferos no porto exterior da Coruña en Punta Langosteira, no concello de Arteixo (A Coruña), promovido por Oil Deposit Corunna, S.L. (Antes Deep Water Oil Transhipment Hub, S.L.).

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático