De conformidade co artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a corrección de erros da declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 10 de xullo de 2020 relativa ao proxecto de instalación de refinaría e envasado de aceites vexetais no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense), promovido por Aceites Abril, S.L.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático